Galego Prerrexurdimento: contexto, figuras e obras

Altre lingue straniere2,96 KB

Galego Prerrexurdimento

Tradicionalmente, chámase Prerrexurdimento o espazo de tempo transcorrido entre 1808, ano do inicio da Guerra de Independencia española (1808-1814), e 1863, ano da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.

1. Liñas de actuación básicas para a normalización da lingua galega no s. XIX

  • Recuperar o prestixio da lingua. Desde os séculos escuros era considerado un dialecto para xente con escasa formación. Este obxectivo deu un paso cara adiante moi importante.
  • Recuperar os usos escritos desaparecidos desde o s. XV. A poesía foi a máis importante neste proceso, pois conectaba rapidamente co pobo. O xornalismo foi tamén fundamental, ao dar a posibilidade de publicar pensamento galego.
  • A procura de cambios políticos que axudasen a esta recuperación e normalización. Por iso, a recuperación do galego está chea de política, e moitos escritos exerceron de políticos.

2. Dificultades máis importantes

  • Unha altísima taxa de poboación analfabeta en Galicia, ou con coñecementos moi elementais de escritura e lectura. A taxa era practicamente absoluta entre os monolingües en galego.
  • Atraso social e económico do país, que levou a poboación a emigrar.
  • Baixa estima dos galegos.
  • A hostilidade manifesta de persoas e institucións contra o noso idioma. Quen escribía nunha lingua que non fose o castelán era considerado un «antiespañol» ou persoa de pouca cultura.

3. Os provincialistas

Movemento político galeguista que tiña como obxectivo a recuperación de Galicia como única provincia que mantivese a unidade administrativa, social, cultural e económica. O seu líder foi Antonín Faraldo. Loitaban pola defensa dos intereses económicos, políticos e culturais, para que Galicia ocupase un lugar de maior relevancia no Estado.

4. Promotores e finalidade dos textos bélicos

Van dirixidos aos paisanos galegos para que se levanten en armas contra os franceses.

5. Acontecemento narrado por Chinto e Mingote

Narran diferentes combates na loita contra o invasor.

6. A actividade teatral durante o Prerrexurdimento

A única obra teatral que se conserva desta época é A Casamenteira, un sainete en verso de Antonio Bendito Pandiño, que trata o tema dos casamentos concertados. Antonio Bendito Pandiño foi un liberal galego educado nas ideas ilustradas e perseguido ata a morte polas súas ideas. Da súa autoría tamén temos unha alborada, unha muiñeira e un alalá que cantaron os presos da cárcere de Compostela.

7. Os precursores

Escritores decimonónicos que xa publicaran en lingua galega antes de que o fixese Rosalía de Castro, é dicir, antes de Cantares Gallegos (1863): Xoán Manuel Pintos Villar, Francisco Añón, Vicente Turnes, Nicomedes Pastor Díaz e Alberto Camino.

Scarica

PDF Word HTML