A reforma agraria liberal e os primeiros partidos políticos en España

Insegnamento3,32 KB

- A reforma agraria liberal

A agricultura era moi importante na economía española, pero estaba estancada. O novo sistema liberal supuxo un impulso dunha reforma agraria.

  • Abolición dos señoríos (sistema feudal): os antigos señores perden as atribucións dos seus señoríos e pasan a ser os novos propietarios das terras.
  • Desvinculación dos morgados: as terras teñen agora valor de mercado e pódense vender.
  • Desamortizacións de bens do clero regular (1836) e secular (1837): os bens expropiados foron postos en subasta. Os propietarios e a burguesía compraron as novas propiedades.

- A volta ao poder dos moderados (1837-1840)

Aprobada a Constitución de 1837, convocáronse novas eleccións, que gañaron os moderados, debido ao sufraxio censatario. Restrinxiron as liberdades, freouse a desamortización eclesiástica e levouse a cabo unha centralización política mediante a Lei de Concellos, que lle outorgaba á Coroa o poder de nomear os alcaldes das capitais de provincia.

Os progresistas recorreron á insurrección en 1840 para chegar ao poder. María Cristina, ante a derrota moderada e a vitoria progresista encabezada polo xeneral Espartero, vese obrigada a renunciar á rexencia e marcha ao exilio.

- A rexencia de Espartero (1840-1843)

Espartero foi nomeado rexente. Nun principio, o seu mandato impulsaba as liberdades.

  • Axiña derivou cara a un marcado autoritarismo, polo que os progresistas deixaron de apoialo.
  • A aprobación dun arancel librecambista (1842) provocou un levantamento en Barcelona. Espartero bombardeou a cidade e proclamou o estado de guerra.
  • En 1843, un novo levantamento, tamén co apoio dos moderados, forzou o cesamento de Espartero. Encabezados polo xeneral Narváez, os moderados chegaron ao poder a finais de 1843. Como non querían nomear unha nova rexencia, as Cortes adiantaron a maioría de idade de Isabel II e proclamárona raíña aos 13 anos.

Os primeiros partidos políticos

  • Partido político no século XIX: grupo de persoas cunha ideoloxía común.
  • Pouco arraigamento social: basábanse en minorías, e á poboación española do século XIX non lle interesaban os temas políticos.
  • No medio de progresistas e moderados xurdiu a Unión Liberal. A partir de 1850 xorden no progresismo a rama dos demócratas e dos republicanos.

Os moderados

  • Oposición á desamortización e defensa do sufraxio censatario.
  • Confesionalidade do Estado e fortalecemento do poder do rei.
  • Autoridade e orde fronte á liberdade; limitación dos dereitos.
  • Designación e control dos concellos e deputacións polo Goberno Central.
  • Supresión da Milicia Nacional en favor da Garda Civil.
  • Apoios sociais: élite social (nobreza e gran burguesía).

Os progresistas

  • Ampliación do sufraxio restrinxido e soberanía nacional (non intervención da Coroa na política).
  • Defensa dos dereitos e desamortización dos bens eclesiásticos.
  • Descentralización administrativa e Milicia Nacional.
  • Apoios sociais: mediana e pequena burguesía.

Scarica

PDF Word HTML