La resistenza interna e la politica economica dell'autarchia durante il franchismo

Insegnamento3,77 KB

A resistenza no interior

A resistencia no interior

Tras a Guerra Civil, os partidos e sindicatos opositores quedaron desmantelados e tiveron que actuar na clandestinidade, sorteando a represión policial. O máis significativo da actuación da resistencia interior foi o mantemento dunha pequena actividade guerrilleira por parte dos maquis, que para eles a guerra non terminara.

Ante a inminente caída do nazismo en Europa e a confianza de que isto puidese desestabilizar o franquismo, levaron a cabo a invasión do Val d'Aran, acción dirixida polo PCE en 1944. A finais da década de 1940 comezou a renacer en España un timido movemento de protesta, protagonizado polas clases traballadoras. En 1948 o PCE decidiu abandonar a loita armada para concentrarse na oposición política.

Tamén houbo conflitos laborais nos sectores téxtil, metalúrxico, químico e naval, e desenvolveuse un importante movemento estudantil contra o SEU.

Xa nos anos 60, ao tempo que se liberalizaba e melloraba a situación económica, intensificábase aínda máis a oposición, que reclamaba un réxime democrático e criticaba a falta de lexitimidade do réxime franquista. A esquerda (PCE e PSOE) tivo un claro protagonismo político ao estar presente na maioría das mobilizacións e conflitos sociais.

Tamén había unha oposición moderada ao franquismo dentro do propio réxime. En 1962, boa parte da oposición moderada, xunto con republicanos e socialistas do exilio, denunciaron internacionalmente a ditadura de Franco en Múnich, no Congreso do Movemento Europeo.

Outra peza moi importante na oposición ao réxime foi o movemento obreiro, que promovía folgas para obter dereitos como a redución da xornada e a mellora dos salarios. Desta actividade nacen clandestinamente as Comisións Obreiras en 1964.

Economía

A política económica da autarquía (1939-1959)

A autarquía é un sistema que defende a non dependencia do exterior, a autosuficiencia económica e o intervencionismo do Estado en todos os sectores.

  • A regulamentación do comercio exterior pasou a estar controlada polo Estado, que reduciu as importacións aos produtos imprescindibles, o que provocou o encarecemento do petróleo e unha grande escaseza de bens de consumo.
  • Fomento da industria, sobre todo a de interese estratéxico. Coa fundación do INI crearonse numerosas empresas públicas en sectores clave (hidrocarburos, vehículos de transporte, etc.).
  • Levou o país a un profundo estancamento económico, caracterizado polo colapso do comercio exterior.
  • Estancamento da agricultura, xa que os agricultores debían vender toda a produción a un prezo fixo ao Estado. Isto fixo que buscasen medidas alternativas para vender.
  • Desabastecemento xeneralizado de alimentos, que deu lugar ás cartillas de racionamento.
  • Existencia dun mercado negro (estraperlo), sobre todo no ambiente urbano, onde a poboación dependía en maior medida do abastecemento de alimentos.

O cambio de modelo (1951-1959)

Cara a 1957, a economía española estaba ao bordo do colapso. A axuda solicitada a organismos internacionais supuxo a aceptación dun conxunto de medidas correctoras para acabar coa política económica autárquica e optar por unha economía de libre mercado.

Cabe destacar que se acabou o illamento internacional contra España. Durante a Guerra Fría, España preséntase como un réxime anticomunista, polo que os EEUU ven ao país con bos ollos e dá paso á aceptación internacional do réxime.

España aspiraba a entrar nun sistema capitalista, polo que era necesario realizar reformas, que quedaron plasmadas no Plan de Estabilización (1959).

Scarica

PDF Word HTML