Routers e encamiñamento de rede

Altre lingue straniere3,79 KB

Routers

Proporcionan conectividade entre redes ubicadas en distintos lugares.
- Interpretan as direccións lóxicas da capa 3 (rede), no canto das direccións MAC das pontes e switches
- Son capaces de cambiar o formato da trama
- Posúen un elevado nivel de intelixencia e manipulan diferentes protocolos
- Proporcionan seguridade á rede (configurables)
- Reducen a conxestión da rede, o tráfico e os dominios de colisión.


Tipos de routers

Segundo a súa ubicación na rede:
- De interior: trátase dun router para ser instalado nunha LAN para darlle servizo de encamiñamento á propia rede.
- De exterior: o router comunica nodos e redes no exterior da LAN.
- De fronteira: é un encamiñador que se encarga de comunicar routers exteriores con interiores.


Táboas de encamiñamento

Destino de rede: úsase xunto coa máscara de rede para determinar a exacta correspondencia coa IP de destino específica.
Máscara de rede: delimita os bits da dirección IP destino que deben coincidir cos bits da IP do campo destino de rede.
Porta de enlace: a dirección IP da porta de enlace é a que utiliza o host para reenviar os paquetes a outras redes cuxa ruta exacta descoñece.
Interfaz: corresponde á dirección IP do propio dispositivo.


Visualizar a táboa de encamiñamento

C – conectada directamente // S – estática // S* – ruta por defecto // R – RIP // I – IGRP // O – OSPF


Protocolos de encamiñamento

Protocolo de enrutado: é un protocolo da capa 3 (rede) que aplica direccións lóxicas aos dispositivos e encamiña datos entre redes. Exemplo: IP.
Protocolo de enrutamento: este tipo de protocolos constrúen dinamicamente a topoloxía da rede e a información do seguinte salto nas táboas de rutas. Exemplo: RIP, IGRP e OSPF.


Métodos de recheo da táboa de encamiñamento

Estática

Non se adaptan aos cambios da rede. O administrador da rede introduce manualmente as rutas na táboa (enrutado estático).
- Fácil de configurar en redes pequenas
- Os encamiñadores non teñen que descubrir novas rutas na rede; diminúe o tráfico
- Para chegar ao destino, os paquetes seguen sempre a mesma ruta
- Consume menos recursos do encamiñador; aforrase ancho de banda
- Cada vez que cambia a topoloxía da rede, o administrador debe introducir os cambios na táboa de rutas.

Dinámica

O encamiñador enche a táboa de encamiñamento de forma automática mediante o intercambio de información periódica entre as táboas de encamiñamento e os encamiñadores veciños. Adáptase aos cambios da rede (enrutado dinámico).
- É moi útil en redes grandes e complexas
- Os protocolos de encamiñamento son máis difíciles de configurar
- O administrador debe dominar o protocolo dinámico para evitar a sobrecarga na rede


Protocolos do encamiñamento dinámico

Vector distancia: é un algoritmo sinxelo que se basea en calcular o número de encamiñadores que atravesa cada datagrama ata chegar ao seu destino.
Estado de enlace: é un algoritmo de implementación máis complexa. Os encamiñadores comunícanse entre si para crear un mapa virtual e calcular o camiño máis óptimo para cada datagrama.

Scarica

PDF Word HTML