La Segunda República Española (1931-1936): Orígenes, Constitución y Debates
Classificato in Insegnamento
Scritto il in
italiano con una dimensione di 3,89 KB
Tema 13 - A Segunda República Española (1931-1936)
1 - Por que unhas eleccións municipais trouxeron a República?
Os resultados das eleccións municipais do 12 de abril de 1931 convocadas polo Goberno do almirante Aznar adquiriron un carácter plebiscitario, de apoio ou rexeitamento á monarquía. Aínda que na maioría dos municipios rurais se impuxeron as candidaturas monárquicas grazas á acción dos caciques, nas grandes cidades triunfou a conxunción republicano-socialista, partidaria dun réxime republicano.
O 14 de abril, Afonso XIII renuncia e abandona o país, e ese mesmo día, os representantes dos partidos asinantes do Pacto de San Sebastián (republicanos conservadores e de esquerda, radicais, socialistas e nacionalistas cataláns e galegos) constituíron un Goberno Provisional, presidido por Niceto Alcalá-Zamora. Á marxe da coalición quedaban a dereita monárquica, os nacionalistas vascos e o obreirismo radical (comunistas e anarquistas).
O 28 de xuño celebráronse eleccións a Cortes Constituíntes e ao final, o executivo quedou en mans da coalición republicano-socialista. A primeira tarefa das novas Cortes era elaborar unha nova Constitución de carácter republicano.
Problemas aos que se tivo que facer frente na República
- Crise económica mundial (o Crac do 29), ademais das débedas económicas da etapa da ditadura de Primo de Rivera.
- Conflitividade social: Había moita prisa por conseguir os cambios estruturais, que requerían o seu tempo.
- Animadversión de empresarios e propietarios agrícolas: Consideraban que as reformas os perxudicaban.
- Oposición de parte da Igrexa Católica.
- Anticlericalismo popular: Queima de edificios relixiosos.
2 - O novo réxime republicano
2.1 - A Constitución de 1931
A nova Constitución dificilmente seria un texto de consenso entre todos os partidos, senón que respondeu aos criterios da maioría parlamentaria, formada por socialistas e republicanos de esquerda. A Constitución tiña un carácter democrático e progresista, e definía o Estado español como “unha República de traballadores de todas as clases sociais”. Ademais aceptábase a posibilidade de constituír gobernos autónomos nalgunhas rexións.
Tamén establecía o principio da soberanía popular e unha división de poderes acentuada, onde o poder lexislativo recaía nunha Cortes unicamerais (da que dependían o poder executivo, é dicir, o Goberno e o xefe de Estado). Recoñecíase unha ampla declaración de dereitos e liberdades, e existía unha preocupación polos temas sociais.
Garantíase a igualdade absoluta perante a lei, a educación (estableceuse a educación primaria obrigatoria e gratuíta) e o traballo (seguridade social, salario mínimo, etc). Recoñecíase a facultade do Goberno para expropiar bens de utilidade social, e establecíase o sufraxio universal desde os 23 anos, e por primeira vez, concedíaselles o voto ás mulleres. Tamén afirmába-se a laicidade do Estado (separación Igrexa-Estado).
2.2 - Os debates parlamentarios
A definición e defensa dos dereitos sociais e individuais provocou debates entre dereitas e esquerdas, como a regulación do dereito de sufraxio das mulleres, que acabou coa implantación dun sufraxio universal. Doutra banda, os artigos relacionados co laicismo ou a expulsión dos xesuítas tamén deron lugar a debates parlamentarios.
A Constitución tivo o rexeitamento dos partidos de dereitas e dos sectores católicos. Manuel Azaña substituíu a Niceto Alcalá-Zamora como xefe do Goberno.