Sexenio Democrático e Revolución Gloriosa de 1868 en España
- Os problemas sociais
O goberno progresista tivo que enfrontarse a unha crise de subsistencia e á conflitividade obreira, especialmente en Cataluña, dando lugar á primeira folga xeral en España en 1855.
- A caída do bienio progresista
O goberno fracasou debido ás divisións internas, xa que as diferenzas entre o goberno de coalición (progresistas e unionistas) eran cada vez maiores. O’Donnell, que nun principio fora o impulsor do novo goberno, contribuíu á caída dos progresistas.
Por que non houbo normalidade constitucional na España isabelina?
Debido á forte presenza militar, ás camarillas de Isabel II, ao sufraxio moi restrinxido, á manipulación dos resultados electorais, á suspensión das garantías constitucionais, entre outros motivos.
A desintegración da monarquía (1857-1868)
Tras o golpe militar de 1856, O’Donnell foi nomeado de novo por Isabel II, logo de ser destituído Narváez. O goberno unionista de O’Donnell viviu unha certa expansión económica ata 1866, pero por culpa dunha crise de subsistencia. A partir de 1863, coa dimisión de O’Donnell e a volta ao poder dos moderados, comezou a crise do sistema. Progresistas e demócratas asinaron o Pacto de Ostende para acabar coa monarquía de Isabel II, formar un goberno provisional e convocar Cortes Constituíntes.
Tema 7 - O Sexenio Democrático (1868-1874)
A revolución e o goberno provisional
- As causas da revolución de 1868
A partir de 1866, a crise política e a crise económica uníronse para poñerlle fin á etapa de prosperidade.
Causas económicas:
- Crise financeira (escaso rendemento do ferrocarril, baixada na Bolsa e crise bancaria).
- Crise industrial (encarecemento do algodón, “fame de algodón”, e Guerra de Secesión nos EE.UU.).
- Crise de subsistencia (sucesión de malas colleitas, escaseza de trigo e aumento do seu prezo).
Todo isto provocou un gran descontento en toda a poboación.
Causas políticas:
- Desgaste do goberno moderado e organización da oposición para asinar o Pacto de Ostende (levantamento para acabar co goberno e coa monarquía de Isabel II).
- A revolución Gloriosa
En 1868 iniciouse en Cádiz unha revolta. Mediante un manifesto, anunciábase a formación dun goberno provisional e a convocatoria de Cortes Constituíntes. Os gobernantes dirixíronse ao sur para acabar coa sublevación. A vitoria na batalla de Alcolea supuxo o exilio de Isabel II e a dimisión do goberno.
- O movemento revolucionario e as xuntas
En paralelo ao pronunciamento militar, producíronse levantamentos populares nas cidades, caracterizados polos motíns de consumos (para abolir os impostos) e pola oposición ás quintas (sistema moi impopular, xa que os ricos podían evitar o servizo militar).
- O Goberno Provisional e as primeiras reformas
Nomeouse un Goberno Provisional formado por progresistas e unionistas, deixando fóra a demócratas e republicanos (sectores radicais que tamén asinaron o Pacto de Ostende). O goberno freou o proceso revolucionario, mediante o desarme da Milicia e a disolución das xuntas. Houbo eleccións a Cortes Constituíntes, por sufraxio universal masculino para maiores de 25 anos, coa vitoria da coalición de progresistas, unionistas e demócratas.