As funcións sociais da lingua e a historia do galego: bilingüismo, diglosia e orixes

Insegnamento4,48 KB

As funcións sociais da lingua. Bilingüismo, conflito e diglosia

O contacto de linguas

O encontro de dúas ou máis linguas nun mesmo espazo xeográfico denomínase contacto lingüístico. As sociedades que presentan estas características son bilingües, pois o bilingüismo é unha consecuencia directa do contacto de linguas.

Non obstante, non é o mesmo bilingüismo social que o bilingüismo individual, xa que podemos atopar individuos bilingües en sociedades monolingües e viceversa. Estes fenómenos son estudados por disciplinas distintas: a sociolingüística ocúpase do bilingüismo social e a psicolingüística do bilingüismo individual.

Bilingüismo social: o conflito

Os factores que debemos ter en conta á hora de describir unha situación de bilingüismo social son de tres tipos:

Factores demográficos

  • O número de falantes, para comprobar cal é a lingua maioritaria e cal a minoritaria.
  • A distribución xeográfica dos falantes (concentrados ou dispersos, zonas urbanas ou rurais).

Factores de status

  • Político: oficialidade das linguas e se son utilizadas, por exemplo, na administración pública.
  • Simbólico: se son recoñecidas ou non como linguas nacionais polos seus falantes.
  • Social: lugar que ocupan os distintos grupos de falantes na sociedade.
  • Económico: poder económico dos grupos lingüísticos.
  • Internacional: presenza da lingua máis alá das súas fronteiras.

Factores de apoio institucional

  • Apoio oficial: institucións públicas.
  • Apoio informal: industria, comercio, relixión e cultura.

A análise destes tres factores permite valorar a vitalidade de cada unha das linguas. As situacións de bilingüismo social supoñen sempre unha relación de desequilibrio lingüístico máis ou menos estable.

Diglosia: utilización de varias linguas no mesmo contexto e coa mesma finalidade.

O galego e a súa historia: período de formación. As orixes

Período de formación da lingua galega

No século IX as variedades lingüísticas eran tan diferentes que podemos falar do nacemento de novas linguas: galego-portugués, astur-leonés, castelán, aragonés, catalán, etc. Sobre elas exerceron unha gran influencia as que había nas diferentes zonas antes da chegada do latín (linguas de substrato), así como as que chegaron posteriormente (linguas de superestrato).

O substrato prerromano

Antes dos romanos atopamos a civilización castrexa, caracterizada pola dispersión da poboación, xa que non coñecían a cultura urbana nin a escrita. Isto dificultou o proceso de latinización. Distínguense varios estratos previos á latinización:

  • Os pobos indoeuropeos (cultura dos metais: celtas).
  • Os pobos preindoeuropeos (chegados moito antes, na idade de pedra).

A romanización

A Gallaecia incorporouse ao dominio do Imperio Romano no reinado do emperador Augusto. A provincia da Gallaecia ocupaba o norte de Portugal ata o Douro, o occidente de Asturias e León, máis o territorio actual de Galicia.

Os romanos despreciaron as linguas diferentes do latín, o que se converteu en requisito imprescindible para a obtención da cidadanía romana, e isto provocou a extinción das linguas autóctonas. A comezos do século V a Gallaecia goza dun nivel sociocultural alto e atopábase xa plenamente integrada na civilización romana, con emperadores como Máximo e Teodosio (galegos) e escritores como Paulo Orosio e Exeria (galegos).

Os superestratos xermánico e árabe

Entre os superestratos do galego destacan o xermánico e o árabe. No século V os suevos estableceron a súa monarquía na antiga provincia romana da Gallaecia. A Gallaecia sueva foi o primeiro reino nacido na Europa Occidental tras a caída do Imperio Romano.

A independencia da Gallaecia, tras ser anexionada polos visigodos durante os tres séculos do período xermánico, tivo especial importancia para a formación dunha identidade lingüística galaica. A invasión árabe supuxo o fin do reino visigodo, pero na zona norte da Gallaecia non chegaron a instalarse. A maior parte dos arabismos entraron de xeito indirecto, polo castelán ou polo portugués.

Scarica

PDF Word HTML