A explotación forestal e a súa sustentabilidade

Arti plastiche ed educazione artistica2,39 KB

A explotación forestal

A explotación forestal é unha actividade económica moi espallada en algunhas zonas do planeta. A silvicultura é o cultivo dos bosques para a súa explotación dunha forma sostible, ten un importante valor paisaxístico e é un elemento clave no equilibrio ecolóxico.

O bosque e a produción de madeira

A madeira é unha materia prima que ten moitos usos. Empréga­se como fonte de enerxía, na construción, na fabricación de mobles e ferramentas, para obter celulosa...

Está considerada a primeira fonte de enerxía da humanidade: proporciona máis do 9% da subministración total de enerxía primaria a nivel mundial. Máis de 2.000 millóns de persoas dependen desta dendroenerxía, para cociñar ou quentarse. Emprégase cada vez máis nos países desenvolvidos co fin de reducir a dependencia dos combustibles fósiles. A madeira tamén contribúe a satisfacer a necesidade básica da vivenda, pois se utiliza como material de construción en paredes, tectos e solos.

O bosque como fonte de alimento

Os bosques explótanse tamén como fonte de alimento, ademais de para obter madeira e elaborar produtos forestais. Nos países subdesenvolvidos, é fundamental para satisfacer as necesidades alimenticias dunha poboación moi numerosa e pobre. A recolección de produtos silvestres (raíces, cogomelos secos, etc.) é un complemento aos cultivos agrícolas. Tamén serven para obter compostos cos que elaborar medicinas.

Nos países desenvolvidos, o uso alimenticio dos produtos do bosque está unido á gastronomía. Unha multitude de produtos silvestres convértense en prezados alimentos (amoras). Ademais, unha gran variedade de plantas aromáticas revalorizáronse. Iso permitiu o desenvolvemento dunha industria de transformación que serviu para xerar emprego.

Unha explotación forestal sostible

Os bosques foron fonte de materia prima para a construción e o transporte, fonte de alimentos e combustible necesario para cociñalos. Calcúlase que cada ano desaparecen 130.000 km² de bosque, e millóns de animais perden o seu hábitat, ademais de reducirse a absorción de dióxido de carbono. Por iso é necesario protexer os bosques e potenciar a súa explotación de forma sostible.

Scarica

PDF Word HTML