A guerra civil: as operacións militares (1936-1939)

Insegnamento2,8 KB

As operacións militares

A sublevación militar provocou a desintegración do exército republicano. Nos inicios da guerra a súa defensa estaba en mans dos sindicatos obreiros.

A batalla de Madrid (agosto 1936-marzo 1937)

O principal obxectivo dos sublevados era a rápida conquista de Madrid, pero quedou detido na serra de Guadarrama.

Franco comezou o traslado do exército de Marrocos á Península. Ao mando de Yagüe, tomou Badaxoz.

Franco liberou o Alcázar de Toledo do bando republicano.

Franco ordenou unha ofensiva sobre Madrid, e o goberno republicano abandonou a capital, indo a Valencia, e confiou a resistencia á Xunta de Defensa de Madrid, dirixida por Miaja. Vicente Rojo deseñou un sólido dispositivo defensivo para frear o avance e esperar a chegada de reforzos.

"Non pasarán" foi o grito republicano ante a ameaza dos sublevados en Madrid. Finalmente, as tropas republicanas conseguiron resistir.

En decembro Franco decidiu realizar ofensivas polos flancos, e a batalla de Madrid prolongouse ata febreiro de 1937 coas batallas do Jarama e de Guadalaxara, obrigando a Franco a abandonar Madrid. As tropas da Lexión Cóndor ocuparon Málaga.

A caída do norte (abril-outubro de 1937)

Franco levou a cabo unha guerra de desgaste, de ocupación sistemática do territorio e de aniquilamento do exército republicano. Dirixiuse contra o norte industrial e mineiro, baixo o dominio republicano. Avións da Lexión Cóndor lanzaron bombas incendiarias sobre a poboación civil indefensa de Durango e Guernica.

En xuño de 1937 cae Bilbao e é ocupado todo o País Vasco. Tamén tomou Santander e logo Xixón, controlando así todo o norte, con graves consecuencias para a República.

Da ofensiva sobre Teruel á batalla do Ebro (decembro de 1937-novembro de 1938)

Franco volveu sobre Madrid, e o goberno de Negrín lanzou unha ofensiva en Teruel para defender a capital. Franco renunciou de novo a Madrid e reconquistou Teruel na batalla de Teruel.

A derrota tivo graves consecuencias para a República.

Franco optou por unha ofensiva en Aragón e gañou. A España republicana quedou partida en dúas zonas, illando Cataluña.

Negrín lanzou unha ofensiva no Ebro, dando lugar á batalla do Ebro, a máis dura da guerra.

O fin da guerra (decembro de 1938-abril de 1939)

Franco ordenou unha ofensiva sobre Cataluña, que foi un golpe decisivo para a República. En 1939 Barcelona e Girona foron conquistadas polas tropas franquistas, e 500.000 persoas se exiliaron a Francia.

Negrín regresou de Francia e practicou unha política de resistencia apoiada polos comunistas.

O coronel Casado, os socialistas, a CNT… estaban en contra do goberno de Negrín.

Franco entrou en Madrid e a Guerra Civil acabara.

Scarica

PDF Word HTML