A economía española (1833-1900): reforma e industria
Tema 8 - A economía española (1833-1900)
1. A agricultura, entre a reforma e o estancamento
Na primeira metade do século XIX produciuse a reforma agraria liberal (abolición do réxime señorial, desvinculacións da propiedade e desamortizacións), que formaba parte do proceso de abolición do Antigo Réxime que se levou a cabo nas Cortes de Cádiz de 1812. Estas reformas transformaron a terra nunha mercadoría que podía ser vendida e comprada libremente e consolidaron a propiedade privada.
O proceso de privatización da propiedade da terra fixo que as terras continuasen en mans de moi pouca xente (nobres e grandes burgueses). Isto provocou a “Fame de terras”, unha protesta por parte dos campesiños que demandaban o dereito a teren terras...