A economía española (1833-1900): reforma e industria

Insegnamento3,72 KB

Tema 8 - A economía española (1833-1900)

1. A agricultura, entre a reforma e o estancamento

Na primeira metade do século XIX produciuse a reforma agraria liberal (abolición do réxime señorial, desvinculacións da propiedade e desamortizacións), que formaba parte do proceso de abolición do Antigo Réxime que se levou a cabo nas Cortes de Cádiz de 1812. Estas reformas transformaron a terra nunha mercadoría que podía ser vendida e comprada libremente e consolidaron a propiedade privada.

O proceso de privatización da propiedade da terra fixo que as terras continuasen en mans de moi pouca xente (nobres e grandes burgueses). Isto provocou a “Fame de terras”, unha protesta por parte dos campesiños que demandaban o dereito a teren terras para traballar. A consecuencia máis importante da reforma agraria liberal foi o aumento da decrúa de terras, onde os cereais tiveron a maior importancia (80% do solo agrícola).

Houbo un aumento da produción agrícola grazas a un incremento da superficie cultivada, mais non mellorou a produtividade xa que non houbo unha modernización das técnicas de cultivo, que continuaron atrasadas con respecto aos países máis avanzados de Europa. Tamén houbo un cambio na estrutura da propiedade:

  • Na zona de Galicia deuse o caso das pequenas propiedades (minifundios), cuxa produción era insuficiente.
  • O outro caso é a gran propiedade (latifundios), que tampouco axudou a mellorar a produtividade.

Esta nova estrutura da propiedade prexudicou aínda máis o pequeno campesiño; tras a reforma, moitos convertéronse en arrendatarios ou asalariados.

3. Os inicios da industrialización: o téxtil catalán

A expansión da industria moderna na España do século XIX iniciouse en Cataluña co sector algodoeiro, sector que xa se desenvolvera no século XVIII. Foi un sector dedicado a producir para o mercado e non para o autoconsumo, a diferenza da inmensa maioría de actividades manufactureiras.

A industria algodoeira tivo un parón debido á Guerra da Independencia, mais a partir de 1830, a industria téxtil avanzou a bo ritmo. En 1832 apareceu a primeira máquina de vapor (vapores). Unha das causas da rápida mecanización foi a escaseza de man de obra, o que fixo aumentar o custo do traballo e converteu a mecanización na opción máis rendible. Isto supuxo unha diminución dos custos e tamén dos prezos de venda, o que estimulou unha maior demanda.

A industria téxtil tivo que facerlle fronte á escaseza do carbón para abastecer as máquinas e á debilidade do comercio español (unha poboación con pouca capacidade adquisitiva). Isto supuxo que as industrias téxtiles esixiran medidas proteccionistas para frear a competencia dos tecidos estranxeiros.

4. Minería e siderurxia

A Lei de Minas de 1868 permitiu a liberalización do sector e a explotación masiva do subsolo español.

  • Málaga (1825-1850): existe ferro pero non carbón, polo que fan uso do carbón vexetal, o que elevaba os custos e facía que a produción non fose rendible.
  • Asturias (1864-1879): existe carbón de escasa calidade (escasa capacidade calorífica). A extracción era custosa e mantiveron unha reducida produción.
  • País Vasco (a partir de 1876): existe ferro en cantidade e calidade. A escasa demanda interior fixo que a maior parte se destinase á exportación. A instalación definitiva da industria siderúrxica no País Vasco foi grazas ao eixe comercial Bilbao-Cardiff (exportación de ferro a Gran Bretaña e importación de carbón galés).

Scarica

PDF Word HTML