A Constitución de 1869 e a Primeira República en España

Insegnamento3,7 KB

1.5 - A Constitución de 1869

De marcado carácter democrático, defende o principio de soberanía nacional e a división de poderes, e unha ampla declaración de dereitos (manifestación, culto e ensinanza). A forma do Estado era a monarquía parlamentaria (necesidade de buscar un rei).

1.6 - A actuación do Goberno Provisional

Levaron a cabo reformas económicas como a supresión dos consumos, o establecemento da peseta e a Lei de Minas (1869). A revolución da Gloriosa triunfou, pero hai sectores que fan oposición ao Goberno Provisional:

  • Republicanos, enfadados pola forma de goberno monárquica.
  • Demócratas e republicanos, polo mantemento do clero.
  • Campesiños, xornaleiros e obreiros, polas desigualdades sociais.

Os moderados e os carlistas tamén farán oposición.

3 - A monarquía de Amadeo de Savoia (1871-1873)

Debido a que a Constitución de 1869 establecía o Estado español como unha monarquía parlamentaria, iniciouse a búsqueda dun novo rei. O xeneral Prim foi o encargado, e escolleu a Amadeo de Savoia, que pertencía á dinastía que culminara a unificación de Italia. Contou co apoio das Cortes (cos votos de progresistas e unionistas).

Amadeo I chegou a España tres días despois do asasinato de Prim, o que acentuou a inquietude sobre o seu mandato e un sentimento de soidade. A nova monarquía contou coa oposición dos alfonsinos, carlistas e republicanos, e da Igrexa, e tamén estaba de por medio a guerra en Cuba.

Ante a desintegración da coalición do goberno e a oposición de sectores populares, Amadeo de Savoia renunciou ao trono en 1873, tras rexeitar os militares que o incitaban a desobedecer o goberno.

5 - A Primeira República

Reuníronse as Cortes en febreiro de 1873. Nas eleccións gañaron os republicanos federais, xa que a opción republicana era a única alternativa. Os republicanos carecían de respaldo político, xa que así gañábase tempo para idear a volta dos Borbóns, e tampouco tiñan respaldo social. Os resultados das eleccións tampouco reflicten a realidade, xa que votou pouca xente.

A república tivo que facer fronte a determinados conflitos armados como a III Guerra Carlista e a Guerra en Cuba. Pero o conflito máis grave foi a sublevación cantonal. O cantonalismo foi un federalismo desde abaixo levado ao extremo, que conseguiu o apoio dos sectores máis radicais, desexosos de ver reformas.

Sucesión de gobernos durante a Primeira República

  • Figueras non quixo usar a forza para calmar as revoltas e dimitiu.
  • Pi y Margall tamén se opuxo a sofocar as revoltas polas armas e dimitiu.
  • Salmerón iniciou unha acción militar contra o cantonalismo, pero acabou dimitindo ao negarse a asinar penas de morte.
  • Castelar, de carácter conservador, pechou as Cortes, e máis tarde os federais lle fixeron unha moción de censura.

En xaneiro de 1874 reabríronse as Cortes, e antes das eleccións o xeneral Pavía fixo un golpe de estado, impoñéndose sen resistencia, o que mostraba a debilidade da República. O poder pasou a mans dunha coalición de progresistas e unionistas, encabezados por Serrano.

A Restauración borbónica

Como a maioría de monárquicos (alfonsinos) optaran polo retorno dos Borbón, o 29 de decembro de 1874 o xeneral Martínez Campos encabezou un pronunciamento en Sagunto que proclamaba rei de España a Afonso XII, fillo de Isabel II. Era o inicio da Restauración.

Scarica

PDF Word HTML