Galego Prerrexurdimento: contexto, figuras e obras
Galego Prerrexurdimento
Tradicionalmente, chámase Prerrexurdimento o espazo de tempo transcorrido entre 1808, ano do inicio da Guerra de Independencia española (1808-1814), e 1863, ano da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.
1. Liñas de actuación básicas para a normalización da lingua galega no s. XIX
- Recuperar o prestixio da lingua. Desde os séculos escuros era considerado un dialecto para xente con escasa formación. Este obxectivo deu un paso cara adiante moi importante.
- Recuperar os usos escritos desaparecidos desde o s. XV. A poesía foi a máis importante neste proceso, pois conectaba rapidamente co pobo. O xornalismo foi tamén fundamental, ao dar a posibilidade de publicar pensamento galego.
- A procura de cambios