La Década Moderada (1844-1854): Constitución y centralismo
A Década Moderada (1844-1854)
Tras a coroación de Isabel II (adiantando a súa maioría de idade), comezou o ano 1844 co xeneral Narváez como presidente do goberno. O primeiro que fixo foi elaborar unha nova Constitución, a Constitución de 1845, na que se eliminaron todos os elementos progresistas da anterior. A soberanía pasou a ser compartida polo rei coas Cortes, ampliouse o poder executivo, restrinxiuse o dereito a voto, declarouse oficial a relixión católica e outorgóuselle ao rei o poder de nomear aos senadores e disolver as Cortes.
Ademais, moitas liberdades recoñecidas na Constitución foron recortadas en posteriores leis orgánicas, como a liberdade de prensa, e recortouse aínda máis o sufraxio censitario.
A relación coa Igrexa Católica
A relación entre o Estado e a Igrexa Católica enfriárase tras as desamortizacións de Mendizábal e, para arranxar isto, asinouse o Concordato coa Santa Sé. Nel, o Estado ofrecía privilexios á Igrexa, entregáballe as terras desamortizadas que non foran vendidas e asegurábaelle que a educación sería conforme aos seus valores e crenzas. Con isto conseguíase que a Igrexa recoñecese a Isabel II como lexítima raíña de España e quitábanse así posibles apoios ao carlismo.
Centralismo, xerarquización e uniformización
A partir de aí, seguiuse promulgando leis baseadas nos principios de centralismo, xerarquización e uniformización. Un exemplo disto foi a reforma fiscal (Lei Mon-Santillana), na que se pasou do completo caos anterior a unha uniformidade total: unha lei única para todo o territorio.
- Impostos directos: baseábanse na propiedade (non nos rendementos).
- Impostos indirectos ou ao consumo: gravaban produtos básicos, o que xerou un gran malestar entre os máis pobres, pois afectaba a alimentos básicos como a fariña.
Tamén se crearon un Código Civil e un Código Penal únicos para todo o territorio, e adoptouse o sistema métrico decimal. Os alcaldes das vilas de máis de 2000 habitantes pasaron a ser elixidos pola Coroa, e os das vilas menores por estes primeiros. Tamén se aprobou a primeira Lei de Educación e se fundou a Garda Civil, en lugar da progresista Milicia Nacional.