Rexurdimento: Pondal, Curros e a Literatura Galega do XIX

Insegnamento3,36 KB

O Rexurdimento

  • Concepto: recuperación do uso do galego en ámbitos cultos.
  • Data de inicio: 1853.
  • Data de consolidación: 1863, ano en que se publicou Cantares Gallegos.

Contexto sociopolítico e económico

  • Inestabilidade política entre tendencias progresistas e outras máis conservadoras.
  • Campesiñado: problema dos foros e dos impostos ao Estado e á Igrexa.
  • Nacemento do rexionalismo, con críticas á Restauración.

O rexionalismo

Galicia como rexión con dereito á autonomía política e á rexeneración dos trazos propios.

Cambios culturais

  • Primeiras gramáticas do galego.
  • Presenza do galeguismo na prensa.
  • Prensa propia con publicacións en galego, entre outras.

Eduardo Pondal

Funcións e ideario

  • O bardo: encargado de preservar a memoria da tribo e de arengar aos guerreiros para o combate.
  • Celtismo: orixe celta do pobo galego. Pondal explica aos seus concidadáns, fillos dos celtas, que chegou a hora de iniciar a loita pola liberación da terra oprimida.

Obra: Queixumes dos pinos

A) Celtismo

Figura de Breogán e doutros heroes míticos inventados por Pondal a partir de topónimos galegos, como Froxán. Os celtas son exemplo valoroso para os galegos modernos, cara a un futuro glorioso.

B) O poeta como bardo

Pondal preséntase como o encargado de guiar ao pobo cara á súa liberación. Moitas veces isto presenta importantes dificultades, froito da incomprensión.

C) A natureza

A natureza é o único elemento que permanece desde a época dos heroes celtas e, ao mesmo tempo, símbolo da nova idade que está por vir. Ten unha forte carga simbolista. Destaca a paisaxe próxima á súa terra natal, Ponteceso.

D) Ética castrense

  • Defensa da virilidade e da enerxía (asociadas ao masculino).
  • Desprezo pola febleza e pola doçura (asociadas ao feminino).
  • Presenza do helenismo, con referencias a guerreiros gregos.

Estilo

Forte adxectivación e oposición entre o férreo e o doce. Certos epítetos teñen capacidade de referencia.

Outra obra: Os Eoas

Manuel Curros Enríquez

  • O poeta de maior popularidade neste momento.
  • Poesía social e cívica: inconformismo, rebeldía e defensa dos ideais progresistas e galeguistas.

Obra: Aires da miña terra

A) Poesía social

Trata os problemas do pobo: miseria, opresión, etc. Os intelectuais teñen a misión de apoiar ao pobo e de axudalo a superar as inxustizas. Defende o progreso, que aporta razón, luz e liberdade. Presenta un anticlericalismo dirixido contra a Igrexa como institución.

B) Poesía costumista

Xeralmente os elementos folclóricos son unha escusa para tratalos desde unha perspectiva social. Hai excepcións nas que o costumismo ten valor en si mesmo, á marxe de finalidades cívicas ou sociais.

C) Poesía intimista

Temática amorosa e outros elementos intimistas. En ocasións tamén se ligan á temática social.

Outra obra: O divino sainete

Longo poema satírico.

Scarica

PDF Word HTML