Movemento obreiro e internacionalismo na Galiza e España do século XIX

Classificato in Insegnamento

Scritto il in italiano con una dimensione di 2,41 KB

Reivindicacións obreiras e o traballo infantil

Así como a petición para paralizar o traballo infantil, xa que se facía traballar a nenos de 8 e 9 anos en diante nas fábricas. Esta carta foi enviada ás Cortes, xa que o control do Estado estaba en mans da burguesía, que establecía unha serie de prohibicións nas sociedades obreiras e deixaba un baleiro na lexislación laboral, entre outros aspectos.

As sociedades de socorro mutuo

Gracias a este documento apreciamos a creación de sindicatos e sociedades obreiras, como as sociedades de socorro mutuo, que reunían sumas de diñeiro a partir da cotización directa dos seus membros, xeralmente agrupados por tipo de oficio ou lugar de traballo. Isto lles permitía cubrir os gastos de enfermidade, invalidez ou falecemento dos seus cotizantes.

Estes sindicatos tamén foron prohibidos durante a etapa Isabelina, xa que a burguesía exercía o poder.

Lexislación laboral e conquistas sociais

É importante mencionar a lexislación que máis adiante recoñeceu ás sociedades o dereito á negociación cos propietarios para fixar as condicións de traballo. Así, reduciuse a xornada laboral, aumentáronse os salarios, eliminouse o traballo infantil e estableceuse a seguridade e a sanidade no traballo.

Polo tanto, podemos afirmar que as reivindicacións e peticións establecidas no documento enviado ás Cortes foron fructíferas ao final, despois dunha gran loita por parte da sociedade obreira, a pesar das limitacións da etapa Isabelina.

Doc. 3: Acta do Consello e Comisión Federal da Rexión Española (1872)

A expulsión da sección madrileña

En 1872, a sección madrileña da AIT, dirixida por Pablo Iglesias, foi expulsada ao decantarse polas teses marxistas.

A represión do internacionalismo

En xaneiro de 1872, o Goberno ordenou a represión do internacionalismo co apoio da maioría parlamentaria. Isto, unido á crise vivida no seo da Internacional pola ruptura entre marxistas e anarquistas, debilitou o incipiente movemento obreiro. A representación no Congreso da Federación Rexional, celebrado en Córdoba a finais de 1872, foi moi reducida.

A Primeira República e o golpe de Pavía

A proclamación da Primeira República revitalizou o internacionalismo español. Pero o xeneral Serrano declarouno ilegal poucos días despois do golpe de Estado de Pavía.

Voci correlate: