Narrativa Galega: Da Transición ao Novo Milenio, Autores e Obras
Classificato in Altre lingue straniere
Scritto il in
italiano con una dimensione di 6,04 KB
Narrativa Galega: Da Transición ao Novo Milenio
Tras a morte de Franco, a literatura galega entra nunha nova etapa marcada polo cambio, a oficialidade e a introdución nos ámbitos sociais, que foi consolidando un público lector; por iso se multiplicaron as publicacións: de 1954 ao 2009.
A produción narrativa pode dividirse en: etapa de transición (ata 1980), os anos 80, os anos 90 e narrativa do novo milenio.
A etapa de transición
Continúan autores anteriores con algúns cambios. Xogos para un tempo prohibido, de Casares (que contén innovacións narrativas) e A morte de Frank González, de Ferreiro (única narrativa de quiosco).
Os anos 80
Conviven todos os xéneros (histórica, psicolóxica...) de gran riqueza e variedade. Nacen revistas literarias (Luces de Galiza) e suplementos culturais nos xornais galegos. Destacan: Crónica de nós e Bretaña esmeraldina, de Ferrín; Querido Tomás, de Neira Vilas; Ilustrísima, de Casares. Mantén unha preocupación pola nosa historia. Ferreiro publica a novela negra Corrupción e morte de Brigitte Bardot, e a primeira novela policial, Crime en Compostela, de Reigosa.
Os autores presentan unha gran variedade de temas e técnicas. Na temática atopamos a novela histórica e memorialista, por exemplo O triángulo inscrito na circunferencia, de Freixanes, e Xa vai o grifón no vento, de Conde, que mestura a reconstrución histórica coa análise psicolóxica; Galván de Saor, de Xohán Cabana, ambientada nunha época pasada, a Idade Media, con unha revisión idealizada.
Introspección psicolóxica
O reloxo da torre, de Mayoral, e O soño perdido de Elcira M., de Heinze. Os autores que destacan nos 80 son Manuel Rivas, con Un millón de vacas (narrativa brava), e Suso de Toro, con Caixón desastre, Polaroid e Land-Rover (realismo sucio). Estes autores céntranse na análise do noso presente histórico.
Os anos 90
Continúan e amplían a variedade temática e consolidan a literatura infantil e xuvenil. Destacan os veteráns: No ventre do silencio, de Ferrín; Deus sentado nun sillón azul, de Casares; Agosto do 36, de Ferreiro; e Amor de tango, de Queizán, que realizan unha revisión do noso pasado e do próximo.
- Novela histórica: Branca de Loboso, de Rábade Paredes; Fortunato, de Transmundi; O cervo na torre, de Cabana.
- Novela experimental: Tic-tac, de Suso de Toro, con técnica vangardista.
- Manuel Rivas: Os comedores de patacas, Que me queres, amor? e O lapis do carpinteiro, narrativa marcada polo lirismo e unha perspectiva humanista.
Novos escritores
- Trailer, de Fran Alonso: tensión modernidade-tradición.
- Panificadora e Grupo abeliano, de Cid Cabido: crítica ao sistema capitalista, técnica evidencialista.
- A velocidade do frío, de Manuel Seixas, e Criminal, de Xurxo Borrazás.
- Outros xéneros: a novela de intriga detectivesca (Aníbal Malvar, Un home xaceu aquí, Unha noite con Carla) e a ciencia ficción, con Soños eléctricos, de Ramón Caride.
O novo milenio
Gaña protagonismo das mulleres, que denuncian os roles patriarcais e constrúen mundos desde a perspectiva feminina. Destacan: Resistencia, de Rosa Aneiros; Herba moura, de Teresa Moure; e Post it, de Iolanda Zúñiga, que renova a novela galega e fai referencia á cultura popular, a música e o cine.
O ensaio
O ensaio tamén se consolida grazas ás revistas Grial, Andaina e Encrucillada, e aborda a realidade galega, problemática e conflitiva. Continúa as liñas anteriores. Destacan os ensaios políticos e económicos (Beiras, Nogueira), filosóficos (Baamonde), feministas (Teresa Barros, Queizán) e teolóxicos (Torres Queiruga), entre outros.